Comentario sobre as noticias
Este conxunto de noticias tratan sobre o tema da posible ampliación das horas de clase nos meses de xuño e setembro durante os meses de abril e de marzo deste ano por parte da Consellería de Educación.
Ante este posible feito, os mestres mostráronse en contra desta medida e convocan folgas. estas foron moi seguidas por toda Galicia e deuselle moita importancia ao número de persoas que asistiron a ela. En diversos xornais mostrouse a porcentaxe de participantes e dándolle gran importacia a este feito. Pois desta forma puidose observar a acollida negativa que tivo entre os mestres.
Por un lado preténdese ampliar as horas lectivas dos alumnos e por outro ampliar as horas de permanencia dos mestres no centro. Os mestres tamén se mostraron en contra deste sistema, pois Galicia xa ten moitas horas lectivas sen a necesidade de ampliar o horario en xuño e setembro. Xa que non queren traballar no verán e as clases pola tarde fanse máis pesadas tanto para mestres coma para os alumnos, e canto máis, para os nenos máis pequenos.
Sen embargo, todo isto solucionouse cun acordo coa Xunta e cos Sindicatos e segue en pé o horario continuo de clases , pero aínda así houbo quen non quedou contento e promete máis folgas.



